Traballos seleccionados no IX Concurso de Traballo por Proxectos coordinados ou co apoio da biblioteca escolar

Curso 2022/2023

Está xa publicada no Portal Educativo a resolución do IX CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS realizados durante o curso 2022/2023 baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar.

Seleccionáronse 18 traballos de entre os 90  presentados desde diferentes centros. Este concurso busca estimular, mediante o recoñecemento de boas prácticas, o deseño e desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinario ou de proxectos de investigación, baixo a coordinación da biblioteca ou co apoio desta, na liña da metodoloxía de aprendizaxe baseada en proxectos (ABP). Estos proxectos están propiciando profundos cambios nas dinámicas de traballo dos centros, nos usos dos espazos educativos, na distribución de horarios e grupos, no aproveitamento dos recursos, promovendo unha cultura participativa e colaborativa, emancipadora do alumnado. Parabenizamos ás comunidades educativas que botan a andar estas experiencias, e ao profesorado que as impulsa, deseña, guía, enriquece coa súa profesionalidade e experiencia, e ademáis as difunde e comparte para beneficio común. Existen tamén excelentes exemplos de prácticas de investigación nas modalidades de grupo/nivel ou ciclo/departamento, que poden servir de orientación para outros proxectos. Da mesma forma, os proxectos de investigación intercentros son unha práctica que cómpre estender e que pode dar lugar a experiencias educativas moi enriquecedoras.

 

 

Modalidade Centros seleccionados ConcelloProvincia Proxecto
 1. Proxectos Documentais Integrados, coordinados desde a biblioteca escolar. CEIP Nicolás del Río Cedeira A CoruñaNATURALmente, APRENDENDO!
 CEE Manuel López Navalón Santiago de Compostela A CoruñaLENDO OBXECTOS
 IES Arcebispo Xelmirez I Santiago de Compostela A CoruñaTECENDO IDENTIDADE(S) NA II REPÚBLICA
 IES Perdouro Burela LugoConstruímos unha estrutura xeodésica e plantamos un fractal?
 CEIP P. Ramón Otero Pedrayo Amoeiro OurenseA PINTURA: PINTORES E PINTORAS
 CEIP A Lama  A Lama PontevedraO teu consumo deixa pegada
 IES de Meaño Meaño PontevedraO MEAÑO QUE QUEREMOS
 CEIP P. de Meaño-As Covas Meaño Pontevedra1, 2, 3... PA-TA-CA!!
 CEIP P. de Leirado Salvaterra de Miño PontevedraMergúllate con nós
 CEP P. de Riomaior Vilaboa PontevedraNewCobres: ImaxinAcción
 2. Proxectos de investigación grupo/nivel e grupo internivelario/departamento. CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao Vigo PontevedraDE CANDO A HUMANIDADE APRENDEU A SEMENTAR
 IES Ramón Cabanillas Cambados PontevedraA memoria das aulas
 CEIP de Cervo Cervo LugoUN PASEO AO LONGO DA HISTORIA: A EVOLUCIÓN DA ESCRITURA E DAS BIBLIOTECAS
 IES P. Pintor Colmeiro Silleda PontevedraOutros Guernicas
 3. Proxectos realizados na materia de 2º da ESO I.T.I./Proxecto Competencial ou en outras materias equivalentes en ESO ou primaria. IES Valadares Vigo PontevedraCidadáns críticos
 IES Poeta Díaz Castro Guitiriz LugoKPACES
 4. Proxectos de investigación intercentros. CRA de Culleredo Culleredo A CoruñaPURA A TARTARUGA
 CEIP de Galán Arteixo A CoruñaPURA A TARTARUGA