Traballos seleccionados no VII Concurso de Traballo por Proxectos coordinados ou co apoio da biblioteca escolar

Curso 2020/2021

Proxectos premiados. Curso 2020/2021

Está xa publicada no Portal Educativo a resolución do VII CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS realizados durante o curso 2020/2021 baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar.

Seleccionáronse 20 traballos de entre os 66 presentados desde diferentes centros. Algunhas sub-modalidades ficaron desertas pero distribuíronse os premios dispoñibles seleccionando máis centros de modalidades con moita participación e alto nivel de calidade.

Este concurso busca estimular, mediante o recoñecemento de boas prácticas, o deseño e desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinario ou de proxectos de investigación, baixo a coordinación da biblioteca ou co apoio desta, na liña da metodoloxía de aprendizaxe baseada en proxectos (ABP). Estos proxectos están propiciando profundos cambios nas dinámicas de traballo dos centros, nos usos dos espazos educativos, na distribución de horarios e grupos, no aproveitamento dos recursos, promovendo unha cultura participativa e colaborativa, emancipadora do alumnado. Parabenizamos ás comunidades educativas que botan a andar estas experiencias, e ao profesorado que as impulsa, deseña, guía, enriquece coa súa profesionalidade e experiencia, e ademáis as difunde e comparte para beneficio común. Existen tamén excelentes exemplos de prácticas de investigación nas modalidades de grupo/nivel ou ciclo/departamento, así como os traballos realizados na materia de libre confuguración de Secundaria "Investigación e Tratamento da Información" ("Aprender a Investigar en Primaria), que poden servir de orientación para outros proxectos. Da mesma forma, os proxectos de investigación intercentros son unha práctica que cómpre estender e que pode dar lugar a experiencias educativas moi enriquecedoras.

 

 ModalidadeCentros Seleccionados Concello ProvinciaProxecto
 1. Proxectos Documentais Integrados, coordinados desde a biblioteca escolar CEIP Emilia Pardo Bazán A Coruña A CoruñaPaseando con Emilia
 CEIP dos Muíños Muxía A Coruña Facemos camiños
 CEIP P. de Outes Outes A CoruñaMens sana in corpore sano
 IES P. Aquis Celenis Caldas de Reis PontevedraAs palabras no camiño II
 CEIP P. Meaño-As Covas Meaño PontevedraBotarse ao monte
 CEIP Valle-Inclán O Grove PontevedraArdia 2020-2021
 CEIP de Leirado  Salvaterra de Miño Pontevedra A tope coa saúde
 CEIP Manuel Padín Truiteiro Soutomaior Pontevedra Viaxe á Idade Media a través do castelo de Soutomaior
  2.a. Proxectos de investigación grupo/nivel CEIP Pedro Barrié de la Maza Sada A Coruña A nosa Odisea
 CEIP A Lama A Lama PontevedraOs instrumentos do Pórtico da Gloria
  2.b. Proxectos de investigación ciclo/departamento CPI Cruz do Sar Bergondo A CoruñaQue podo facer eu para... ?
 IES Ramón María Aller Ulloa Lalín Pontevedra Unha aldea global, en perspectiva de xénero
 2.c. Proxectos realizados na materia de 1º/2º da ESO "I.T.I."ou noutras materias equivalentes en ESO ou primaria IES Xoán Montes Lugo LugoA caixa de Pandora
 3. Proxectos de investigación intercentros CEIP Canosa-Rus Coristanco A CoruñaCarpiño está en perigo, un mar de valores
 CRA de Culleredo Culleredo A CoruñaCarpiño está en perigo, un mar de valores
 4. Proxectos realizados con metodoloxía científica CIFP de Someso A Coruña A Coruña Crecemento do pelo
 CPI de Cervantes Cervantes LugoCervantes 100XCIENcia
 CEIP García Barbón Vigo PontevedraCando medre quero ser entomólogo
 IES de Valadares Vigo Pontevedra MeteoValadares
 IES de Valadares Vigo PontevedraSensor de CO2