Traballos seleccionados no VIII Concurso de Traballo por Proxectos coordinados ou co apoio da biblioteca escolar

Curso 2021/2022

Proxectos premiados. Curso 2021/2022

Está xa publicada no Portal Educativo a resolución do VIII CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS realizados durante o curso 2021/2022 baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar.

Seleccionáronse 20 traballos de entre os 55 presentados desde diferentes centros. Algunhas sub-modalidades ficaron desertas pero distribuíronse os premios dispoñibles seleccionando máis centros de modalidades con moita participación e alto nivel de calidade.

Este concurso busca estimular, mediante o recoñecemento de boas prácticas, o deseño e desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinario ou de proxectos de investigación, baixo a coordinación da biblioteca ou co apoio desta, na liña da metodoloxía de aprendizaxe baseada en proxectos (ABP). Estos proxectos están propiciando profundos cambios nas dinámicas de traballo dos centros, nos usos dos espazos educativos, na distribución de horarios e grupos, no aproveitamento dos recursos, promovendo unha cultura participativa e colaborativa, emancipadora do alumnado. Parabenizamos ás comunidades educativas que botan a andar estas experiencias, e ao profesorado que as impulsa, deseña, guía, enriquece coa súa profesionalidade e experiencia, e ademáis as difunde e comparte para beneficio común. Existen tamén excelentes exemplos de prácticas de investigación nas modalidades de grupo/nivel ou ciclo/departamento, que poden servir de orientación para outros proxectos. Da mesma forma, os proxectos de investigación intercentros son unha práctica que cómpre estender e que pode dar lugar a experiencias educativas moi enriquecedoras. 

 

Modalidade Centros seleccionados Concello Provincia Proxecto
 1. Proxectos Documentais Integrados, coordinados desde a biblioteca escolar CEIP Emilia Pardo Bazán A Coruña A CoruñaMergúllate!
 CEIP Canosa-Rus Coristanco A CoruñaIlusionarte
 CEIP dos Muíños Muxía A CoruñaE ti que pintas?
 CEIP P. de Outes Outes A CoruñaOUTES SOSTIBLE. Cidadás do presente para o futuro
 IES Arcebispo Xelmirez I  Santiago de Compostela A Coruña Tecendo Identidades
 CEIP de Cervo Cervo  Lugo Mens sana in corpore sano
 CEIP P. de Carballedo Cerdedo/Cotobade Pontevedra O ano de Galicia
 CEIP P. Meaño-As Covas Meaño PontevedraDende Meaño
 CEIP Virxe do Rocío Vigo PontevedraAlén do Resío
  2.a. Proxectos de investigación grupo/nivel IES Brión Brión A Coruña Coñécelas? 10 escritoras imprescindibles
 EEI San Roque Viveiro Lugo Emocionámonos
 CEIP A Lama A Lama Pontevedra Algunhas árbores, moitos paxaros
    2.b. Proxectos de investigación ciclo/departamento IES Celanova Celso Emilio Ferreiro Celanova PontevedraMúsica no Mosteiro
 CEIP San Tomé Cambados Pontevedra Pasiño a pasiño, faise o camiño
  2.c. Proxectos realizados na materia de 1º/2º da ESO "I.T.I."ou noutras materias equivalentes en ESO ou primaria CEIP Milladoiro Malpica de Bergantiños A Coruña NÓS: patrimonio in-MATERIAL!
 IES Xoán Montes Lugo LugoFORMU-LAND-22
 IES Pino Manso O Porriño Pontevedra De viaxe polo entroido tradicional galego
  3. Proxectos de investigación intercentros CEIP de Galán Arteixo A CoruñaMartiño e Testa: unha viaxe espaecial
 CRA de Culleredo Culleredo A Coruña     Martiño e Testa: unha viaxe espaecial
 4. Proxectos realizados con metodoloxía científica IES Perdouro Burela Lugo Construbot_Comeza a partida!