Traballos seleccionados no XI Concurso de Traballo por Proxectos coordinados ou co apoio da biblioteca escolar
Curso 2024/2025
O Portal Educativo vén de publicar a resolución do XI CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS realizados durante o curso 2024/2025 baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar.
Seleccionáronse 16 traballos de entre os 62 presentados desde diferentes centros. Este concurso busca estimular, mediante o recoñecemento de boas prácticas, o deseño e desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinario ou de proxectos de investigación, baixo a coordinación da biblioteca ou co apoio desta, na liña da metodoloxía de aprendizaxe baseada en proxectos (ABP). Estos proxectos están propiciando profundos cambios nas dinámicas de traballo dos centros, nos usos dos espazos educativos, na distribución de horarios e grupos, no aproveitamento dos recursos, promovendo unha cultura participativa e colaborativa, emancipadora do alumnado. Parabenizamos ás comunidades educativas que botan a andar estas experiencias, e ao profesorado que as impulsa, deseña, guía, enriquece coa súa profesionalidade e experiencia, e ademáis as difunde e comparte para beneficio común. Existen tamén excelentes exemplos de prácticas de investigación nas modalidades de grupo/nivel ou ciclo/departamento, que poden servir de orientación para outros proxectos. Da mesma forma, os proxectos de investigación intercentros son unha práctica que cómpre estender e que pode dar lugar a experiencias educativas moi enriquecedoras.
| Modalidade | Centros seleccionados | Concello | Provincia | Proxecto |
| 1. Proxectos de carácter interdisciplinario ou Proxectos Documentais Integrados. | IES Brión | Brión | A Coruña | Matematízate |
| CEIP P. Mestre Rodríguez Xixirei | Santiago de Compostela | A Coruña | Raíces | |
| IES Celso Emilio Ferreiro | Celanova | Ourense | Centro de interpretación virtual da Memoria Histórica | |
| CEIP P. de Carballedo | Cerdedo-Cotobade | Pontevedra | Carballedo, escola de Superheroes | |
| CPI Aurelio Marcelino Rey García | Cuntis | Pontevedra | A Escola en Cuntis. 25 anos do CPI Aurelio Marcelino Rey García | |
| CEIP P. As Covas-Meaño | Meaño | Pontevedra | Cruzamos | |
| CEIP P. de Leirado | Salvaterra de Miño | Pontevedra | Imos facer historia | |
| IES P. Pintor Colmeiro | Silleda | Pontevedra | Flora Colmérica | |
| CEIP Valle-Inclán | O Grove | Pontevedra | Somos Artistas | |
| IES Ribeira do Louro | O Porriño | Pontevedra | O xogo e o xoguete | |
| 2. Proxectos de investigación dirixidos por profesorado dun grupo ou nivel. | CEIP A Lama | A Lama | Pontevedra | Un mar de ciencia |
| IES Valadares | Vigo | Pontevedra | Biblioteca Humana: recuperando a nosa memoria | |
| 3. Proxectos de investigación dirixidos por profesorado para grupos internivelares ou departamento. | CPI Aurelio Marcelino Rey García | Cuntis | Pontevedra | O Gran Libro da Escola |
| CEIP A Escardia | Vilagarcía de Arousa | Pontevedra | Escardiáns polo mundo | |
| 4. Proxectos de investigación intercentros. | CEIP Xesús San Luís Romero | Carballo | A Coruña | Non sempre se pace onde se nace |
| CEIP Canosa-Rus | Coristanco | A Coruña |