Xornada de Biblioteca Creativa 2026
O 28 de xaneiro celebrarase na EGAP a Xornada de Biblioteca Creativa que reunirá ás 211 persoas coordinadoras deste programa nas súas bibliotecas.
Inaugurará a xornada Manuel Rodríguez Calviño, abordando o valor das tecedoras como escritoras de historias, continuando con obradoiros simultáneos de escornabots, banda deseñada, colaxe, ficción dixital, creación, imprenta creativa, deseñar xogando e mapas téxtilesl. Pecharán as experiencias de catro centros falando da evolución e desenvolvemento dos espazos creativos das súas bibliotecas.
- PROGRAMA
- #XBC26