Convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para o curso 2026/27
Gallego
Publícase a resolución do 3 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regula o procedemento de participación no Plan de mellora de bibliotecas escolares (Plambe) en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e nos programas complementarios Radio na biblio, Biblioteca creativa e Lectura e familias para o curso 2026/27.
Prazo de solicitudes: quince (15) días hábiles a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo.
Ensinanza:
Colectivo:
Sección: