25N con V de Viñetas (non de Violencia)

Image
25N 2023

Fíxome dano.
Non foi a miña culpa.
Non vou deixar que iso me mate.
Podo crecer. 

Halse Anderson, Laurie e Carrol, Emily. (2018). cuéntalo. Ediciones La cúpula.

As bibliotecas escolares son espazos privilexiados para traballar valores democráticos, de igualdade e cidadanía, espazos únicos para a aprendizaxe da convivencia.

O 25 de novembro é unha data do calendario civil que as bibliotecas escolares integraron nas súas programacións porque cómpre unha chamada de atención fronte a actitudes larvadas de violencia contra as nenas e as mulleres (con presenza nas relacións sociais, na publicidade ou en moitos produtos audiovisuais), que f ixan valores contrarios á igualdade.

Un curso máis, seguimos necesitando accións para denunciar a violencia sistémica contra as mulleres e as violencias cotiás exercidas contra nenas, mozas e mulleres de toda idade e condición en distintos espazos e ámbitos, tanto privados como públicos. Desde a ONU alertan de que "a violencia contra as mulleres e as nenas segue sendo unha das violacións dos dereitos humanos máis estendidas e xeneralizadas do mundo. Calcúlase que, a nivel global, 736 millóns de mulleres -case una de cada tres- foron vítimas de violencia física e/o sexual polo menos unha vez na súa vida.

Trátase dunha secuela que se intensificou en diferentes contornas, incluídos o lugar de traballo e os espazos en liña, e viuse agravada polos efectos pospandemia, os conflitos e o cambio climático. A solución radica en gran parte en respostas sólidas que invistan na prevención.

O #25N non é unha celebración, é unha data a borrar do noso calendario e imaxinario, pero até entón queda moito por facer, moitos muros por derrubar, non podemos, nin debemos, permitir un paso atrás.

 

Actividades nas bibliotecas escolares de Galicia: