Plan LIA

Image
Plan LIA 2021-2025

O Plan LIA nace no curso 2010/11 para dar resposta ás actuacións levadas a cabo pola Asesoría de bibliotecas escolares desde a súa creación en setembro do 2003. Desde o primeiro Plan LIA 2010/2015 foise revisando e actualizando, de aí que xurdiran o Plan LIA 2016/2020 e o 2021/2025, que está actualmente en período de avaliación de cara o LIA 2035.

O Plan LIA busca a integración de todas as actuacións da consellería a prol das bibliotecas escolares para a mellora das competencias de lectura, escritura e habilidades investigadoras e de uso da información do alumnado galego. Lectura, Información e Aprendizaxe son os ámbitos de actuación da biblioteca escolar e dan nome a un plan de actuación estruturado en diferentes liñas que se revisan cada catro anos. O Plan ten continuidade logo do seu correspondente informe de resultados, e unha vez analizados logros e ámbitos de actuación que precisan reforzo. Establece a folla de ruta para continuar o traballo a prol das bibliotecas escolares e o fomento da lectura nos vindeiros anos.

Plan LIA 2021/2025
Plan LIA 2016/2020
Plan LIA 2010/2015

 

Vídeos

Centros LIA.2 2020. IES Valadares. Vigo
Remote video URL
Centros LIA.2 2020. CEIP de Quintela. Moaña
Remote video URL
Centros LIA.2. CEIP de Cervo
Remote video URL
Centros LIA.2 2020. CEIP Vilar de Barrio
Remote video URL