Biblioteca creativa
Image
No curso 2018/2019 púxose en marcha este programa coa finalidade de apoiar a cultura da experimentación e da investigación, da robótica e da linguaxe de programación nas bibliotecas dos centros públicos de infantil e primaria e que estiveran integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares. No curso 2025/2026 esta iniciativa amplíase a todos os centros públicos non universitarios que forman parte do Plambe.
A finalidade é fomentar a alfabetización múltiple na biblioteca escolar utilizando diferentes tipos de linguaxes (oral, escrita, icónica, audiovisual, artística...) que lle posibilitan ao alumnado múltiples oportunidades de aprendizaxe, de expresión e de creación.
- Convocatorias e resolucións
- Propostas de formación nos centros educativos
Documentos
Experiencias de centros
Image
O Portal Educativo publica a Resolución provisional da Dirección Xeral
O pasado 4 de febreiro celebrouse, na EGAP en Santiago de Compostela, a Xornada de Formación de Biblioteca Creativa 2021/2022.