Bibliotecas escolares solidarias
Esta iniciativa comeza no curso 2013/2014 para recoñecer o traballo de colaboración que viña desenvolvendo o alumnado nas bibliotecas dos seus centros, ao participar de forma voluntaria en actividades de xestión e de dinamización.
O programa pretende fomentar actitudes de colaboración, solidariedade e responsabilidade, ao tempo que contribúe ao desenvolvemento de competencias relacionadas coa comunicación, a autonomía persoal e o uso da información, reforzando o papel da biblioteca escolar como recurso clave para toda a comunidade educativa.
Os centros participantes no programa poden presentarse á concesión do Selo Biblioteca Escolar Solidaria e á selección de experiencias de Voluntariado na biblioteca escolar-Primaria, presentando unha memoria do seu traballo.
- Convocatorias e resolucións
- Selo Biblioteca escolar solidaria
- Propostas de formación nos centros educativos
O Portal Educativo vén de publicar hoxe a Resolución de 15 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca o programa "Bib
O Portal Educativo vén de publicar a Resolució
Ao inicio deste curso, o traballo das bibliotecas escolares semellaba, máis que nunca, unha tarefa de difícil desempeño.