Convocatoria unificada Plambe para o curso 2026/27
O Portal Educativo vén de publicar a Resolución do 3 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regula o procedemento de participación no Plan de mellora de bibliotecas escolares (Plambe) en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e nos programas complementarios Radio na biblio, Biblioteca creativa e Lectura e familias para o curso 2026/27.
Así, as catro resolucións das convocatorias anteriores (Plambe, Radio na biblio, Biblioteca creativa e Lectura e familias) unifícanse agora nunha resolución única, que ten un prazo de presentación de solicitudes de quince días hábiles.
Lembramos que os centros que desexen participar en calquera dos programas —ben como centros de continuidade, ben como de nova incorporación— deben realizar as correspondentes solicitudes a través da aplicación ProgramasBibliotecas (https://www.edu.xunta.gal/programasbibliotecas/), presentando unha instancia por cada un dos programas nos que se desexe participar.
Tal e como se recolle no apartado Quinto. 5. a. da vixente resolución, a non presentación da solicitude de continuidade terá a consideración de renuncia.
O resto de convocatoras, non asociadas ao Plambe, sairán no mes de setembro.
Calquera axuste na configuración do equipo poderá facerse no mes de setembro.