Lecturas que deseñan os días de inverno

À tarde, cun can e un livro
entreaberto
sento-me nun banco do xardin
e deteño-me a contemplar o transcorrer da vida.
Por oriente pasa unha anada de paxaros
que non identifico.
Hai unha luz desigual tapizando a paisaxe,
hai unha luz fráxil e cautelosa
de inverno.
entreaberto
sento-me nun banco do xardin
e deteño-me a contemplar o transcorrer da vida.
Por oriente pasa unha anada de paxaros
que non identifico.
Hai unha luz desigual tapizando a paisaxe,
hai unha luz fráxil e cautelosa
de inverno.
Pallarés, Pilar (1996). Livro das devoracións. Espiral Maior.
Lecturas compartidas no CEIP As Covas - Meaño
Achéganse os días de lecer que coinciden cos primeiros días do inverno, co tempo frío e a pouca luz no exterior. É unhaocasión fantástica para ocupar parte do tempo na lectura, sós ou en compañía de amigos ou familiares.
As bibliotecas escolares comezan a difundir as súas recomendacións de lectura (tamén de cine, música, xogos, apps, fontes dixitais de interese...). Diferentes en propostas, en contido, en deseño... todas elas responden ao interese dos equipos de biblioteca por facilitar unha escolla axeitada á hora de agasallar. Buscan, tamén, que as lectoras e os lectores desenvolvan autonomía á hora de seleccionar as súas propias lecturas, aprendendo a mirar nos libros máis aló da súa capa e das estratexias do mercado, aprendendo a escoller con criterio.
Son propostas feitas desde a especialización dos integrantes dos equipos de biblioteca. Reflicten a variedade de oferta que a industria editorial galega e foránea pon a disposición das persoas lectoras. Son, pois, un instrumento para o fomento da lectura especialmente cando inclúen unha pequena recensión que orienta sobre o contido de cada un dos títulos seleccionados. Orientacións que inclúen a recomendación da compra no comercio de proximidade.
As bibliotecas escolares de Galicia recomendan lecturas para compartir:
- CEIP P. Alexandre Rodríguez Cadarso (Noia-A Coruña): Boa lectura no Nadal
- CEIP de Arteixo (Arteixo-A Coruña): Recomendacións lectoras
- CEIP Baíñas (Vimianzo-A Coruña): Guía de lectura de Nadal 2025
- CEIP P. Barrié de la Maza (Sta. Comba-A Coruña): Un bo Nadal cunlibro na man
- CEIP P. de Carballedo (Cerdedo-Cotobade/Pontevedra): Recomendacións para o Nadal
- CEIP P. de Covas (Viveiro-Lugo): Recomendacións lectoras para toda a familia. Nadal 2025
- CEIP Eduardo Pondal (Vigo-Pontevedra): Guía de lectura Nadal 2025
- CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña): Guías de lectura Nadal 2025
- CEIP P. da Espiñeira-Aldán (Cangas-Pontevedra): Sen lingua non hai identidade
- CEIP de Esteiro (Ferrol-A Coruña): Recomendacións lectoras Nadal 2025
- CEIP Flavia (Padrón-A Coruña): Case, case no Nadal
- CEIP P. de Foz Nº1 (Foz-Lugo): Recomendacións lectoras
- CEIP P. Irmáns Villar (Ourense): Un libro polo Nadal
- CEIP Javier Sensat (Vigo-Pontevedra): Recomendacións lectoras
- CEIP P. Manuel Bermúdez Couso (Pobra de Trives-Ourense): Recomendacións lectoras Nadal 2025
- CEIP Milladoiro (Malpica de Bergantiños-A Coruña): Nadal... entre palabras!
- CEIP P. Monte Baliño (Pantón-Lugo): Recomendacións lectoras
- CEIP Otero Pedrayo (Rábade-Lugo): Recomendacións lectoras para Nadal
- CEIP P. da Ramallosa (Teo-A Coruña): Suxestións de lecturas
- CEIP Saco e Arce (Toén-Ourense): Recomendacións lectoras Nadal
- CEIP San Miguel de Reinante (Barreiros-Lugo): Recomendacións lectoras
- CEIP P. Víctor López Seoane (A Coruña): Recomendacións de Nadal 2025
- CPI de San Sadurniño (San Sadurniño-A Coruña): Nadal con libros
- EEI Fina Casalderrey (Pontevedra): Guía de lectura Nadal 2025
- IES de Brión (Brión-A Coruña): Lecturas creativas na biblioteca
- IES Concepción Arenal (Ferrol-A Coruña): Lendo no Nadal
- IES Eduardo Blanco Amor (Ourense): Le un libro por Nadal
- IES ESpiñeira (Boiro-A Coruña): Recomendacións lectoras para o Nadal
- IES Poeta Añón (Outes-A Coruña): Recomendacións de libros e películas
- IES Ramón Otero Pedrayo (Ourense): Lecturas recomendadas Nadal 2025
- IES Ribeira do Louro (O Porriño-Pontevedra): Libros para ler en Nadal e pasalo de cine
- MicroRRede das Mariñas (CEIP de Galán, CEIP P. Sofía Casanova, CRA de Culleredo, EEI de Barrionovo-A Coruña): Por un inverno cheo de lecturas
- Rede de bibliotecas escolares centros públicos de Ames (A Coruña): Lecturas recomendadas para o Nadal
- Rede de bibliotecas escolares dos CEIP da Estrada (Pontevedra): Sementando lecturas