Resolución da convocatoria do VIII Concurso de Pódcasts – Radio na biblio para o curso 2025/26
Xúntase a Resolución da convocatoria do VIII Concurso de Pódcasts – Radio na biblio, destinado a centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, en colaboración coa Radio Galega (CSAG), no contexto do PLAN LIA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), para o curso 2025/26.
Concédense os premios recollidos no anexo I desta resolución aos pódcasts seleccionados nas distintas modalidades. Os contidos galardoados serán difundidos a través da páxina web da Radio Galega e da plataforma dixital A Galega Audio (https://agalegaaudio.gal/
Así mesmo, recibirán difusión a través das canles de comunicación da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (Bibliotecas Escolares de Galicia e outros).
Departamento:
Colectivo: