Día Internacional do Libro Infantil 2023

Image
Día Internacional do Libro Infantil 2023

Cada un de nós é único. 
E merece ser respectado, 
ser lido sen prexuizos, 
ter o seu espazo, o seu andel. 

Vagelis Iliopolus, autor. 
Mercedes Pacheco, tradutora.

Como en anos anteriores, o IBBY (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día do Libro Infantil o 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. O obxectivo é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. A sección patrocinadora deste ano é Grecia que difunde a mensaxe de Vagelis Iliopoulos e o cartel de Photini Stephanidi co lema "Son un libro, leme"

GÁLIX, Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a tradución ao galego de Mercedes Pacheco.