Día Internacional do Libro Infantil 2022

Image
Día Internacional do Libro Infantil 2022

Ler é liberdade. Ler é respirar. 

Ler permite que vexas o noso mundo con ollos diferentes e convídate a habitar mundos que nunca vas querer deixar. 

Ler permítelle ao teu espírito soñar. 

Seica os libros son amigos para toda a vida, eu acredito niso. 

A plenitude do teu universo só medra cando les. 

As historias son ás que nos axudan a remontar o voo cada día, xa quelogo busca libros que lle falen ao teu espírito, ao teu corazón, á túa mente. 

As historias son menciña. Curan. Reconfortan. 

Inspiran. Ensinan. 

Benditos sexan os narradores, e os lectores, e os oíntes. 
Benditos sexan os libros. Eles son a menciña para un mundo mellor, máis luminoso. 

Mahsi cho. Moitas grazas. RICHARD VAN CAMP, AUTOR TRADUCIÓN: MERCEDES PACHECO

Como en anos anteriores, o IBBY (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día do Libro Infantil o 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. O obxectivo é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. A sección patrocinadora deste ano é Canadá que difunde a mensaxe de Richard Van Camp e o cartel de Julie Flett.

GÁLIX, Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a tradución ao galego de Mercedes Pacheco.