Mantemento da colección
A colección da biblioteca escolar debe ser revisada anualmente e responder ás necesidades das persoas usuarias en materia de lectura e de información e, por suposto, cubrir todas as áreas de aprendizaxe propias das ensinanzas que imparte o centro. Neste apartado do portal achégase información para poder realizar unha avaliación crítica dos fondos da biblioteca escolar.
Cómpre manter un equilibrio, adecuación e actualización de fondos sen perder de vista os recursos que levan tempo nas nosas bibliotecas, algúns se cadra obsoletos mais outros elementos básicos ou xa clásicos que forman parte do legado que configura a nosa biblioteca. Á hora de expurgar, os criterios deben estar claros e consensuados. Nas pautas recóllese información e orientacións para o antes, o durante e o despois do labor de expurgación dos fondos da nosa biblioteca.
- Documentación