Convocatoria do VIII Concurso de Pódcasts – Radio na biblio para o curso 2025/26
Gallego
Resolución do 16 de febreiro de 2026 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca o VIII Concurso de Pódcasts – Radio na biblio, destinado a centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, en colaboración coa Radio Galega (CSAG), no contexto do PLAN LIA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), para o curso 2025/26. Poderán participar neste concurso centros integrados ou non no programa Radio na biblio.
A solicitude realizarase a través do aplicativo https://www.edu.xunta.gal/programasbibliotecas/
- Prazo de entrega de solicitudes: un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no portal educativo (http://www.edu.xunta.gal): do 20 de febreiro ao 19 de marzo.
Ficheiros:
Departamento:
Colectivo:
Sección: