Letras Galegas en maio... e todo o ano
Image
Por todo o país florecen neste maio actividades culturais diversas, co fin de dar a coñecer a figura á que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas, pero tamén a poñer en valor a lingua e as súas posibilidades de comunicación e de expresión artística. As bibliotecas escolares non son alleas á marea poética que atravesa este ano "loisiano" e son moitos os exemplos de actividades que se impulsaron desde estes espazos educativos; tamén moitas as propostas de aula ou de centro que apoiaron cos seus recursos. Velaquí unha pequena mostra:
- IES Concepción Arenal, Ferrol: Letras Galegas, o Ano de Lois Pereiro
- CPI de San Sadurniño: Díptico Lois Pereiro
- IES Eduardo Blanco Amor, Culleredo: Mostra de carteis Lois Pereiro feitos polo alumnado
- IES Fontexería, Muros: "A lingua é Nosa, Vosa, Súa"
- CEIP de Andrade, Pontedeume: Calendario "Lois Pereiro"
- IES de Porto do Son: Todo Lois Pereiro 2011