Letras galegas todo o ano nas bibliotecas escolares, en maio tamén

Image
Letras Galegas 2022

Achégase o día grande das Letras Galegas e as bibliotecas escolares, neste ano 2022, incorporan a Florencio Delgado Gurriarán ao seu traballo en prol da nosa lingua. O seu compromiso vital coa terra e a lingua a través do seu traballo como poeta, articulista, editor, tradutor e a súa labor como activista cultural e político, convida a facer lectores en galego a través do achegamento a súa figura.

Velaquí algúns exemplos de actividades nas bibliotecas escolares galegas nestes días de maio de 2022: