Letras galegas todo o ano nas bibliotecas escolares, en maio tamén

Image
Día das Letras Galegas 2025

Axúdame, compañeira,
axúdame, camarada,
axúdame, compañeira,
a facer a foliada.

A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica).

Coa elección de 2025 quérese recoñecer a importancia das mulleres como figuras centrais na creación, preservación e transmisión da cultura.

Mulleres que fortalecían e fortalecen os vencellos comunitarios como fan as bibliotecas escolares de Galicia, tecendo redes arredor do patrimonio e a defensa da nosa cultura.

Velaquí algúns exemplos de actividades nas bibliotecas escolares galegas nestes días de maio de 2025: