Concurso de traballo por proxectos
No curso 2013/2014 convócase por vez primeira o Concurso de Traballo por Proxectos para impulsar o deseño e desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinario ou de proxectos de investigación, baixo a coordinación do equipo de biblioteca escolar ou co apoio desta, na liña da metodoloxía de aprendizaxe baseada en proxectos.
A busca e o tratamento da información e a comunicación do coñecemento, en distintos soportes e linguaxes, son clave no desenvolvemento dun proxecto. Cómpre incidir na importancia da selección de fontes, orais, impresas e dixitais, e das ferramentas e estratexias de busca propias de cada tipo de fonte. O traballo por proxectos é un camiño no que o produto final non é o máis relevante, senón o proceso do tratamento da información e a aprendizaxe dun modo de traballar que permanece na formación do noso alumnado como persoas lectoras críticas.
- Convocatorias e resolucións
Traballos seleccionados
O Portal Educativo publica a Resolucióna da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, do 13 de abril de 2023, pola que se convoca, no contexto do PLAN LÍA de Bib