Actualidade

II Feira do Libro de Outeiro de Rei organizada polo CEIP Laverde Ruíz
Cando lemos percorremos silandeiras as bambolinas dos soños. Cando lemos somos a luz do torreiro que alumea nos teus ollos; somos unha e somos todas sucando contra a marea. Cando lemos somos a chuvia que lanza o ar e bate a area. Cando lemos prendemos lumes sen chama, arredámonos do frío, escorrentamos o medo, bebemos sol do resío. Cando lemos cruzamos pontes de estrelas tecendo con fío invisible... porque cando lemos todo é posible, ... ler máis
XVIII Xornada dos Clubs de Lectura
O vindeiro 29 de abril, celebrarase no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela, a reunión anual do profesorado que coordina os clubs de lectura dos centros que participan no programa de Clubs de Lectura, da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Neste curso 2025/2026 recibiron asignación, a través da convocatoria do programa, un total de 552 centros que matriculan alumn ... ler máis
Manuel Rivas
Co gallo da celebración do Día do Libro 2026, publícase a Resolución do 22 de abril de 2026 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se recoñece ao escritor Manuel Rivas co Premio dos Clubs de Lectura 2026, que se concede anualmente ao autor ou autora galega máis lida, segundo as bases do premio, polos clubs de lectura participantes na convocatoria de Clubs de Lectura durante o curso precedente 2024/25.No ano ... ler máis
Día Mundial do Libro 2026
Achégase o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, en acepción da UNESCO, e desde a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional edítase o cartel para conmemorar este día 23 de abril de 2026.Acudiuse, como en anos anteriores a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso á Doutora en Xornalismo, escritora e xestora cultural Eva Mejuto, recoñecida polo lectorado infantil e xuvenil galego ... ler máis
Cartel do Día do Cómic 2026
O Día do Cómic e do Tebeo é unha celebración que pretende recoñecer o valor do cómic e do tebeo, o peso da súa historia e a súa importancia no contexto actual, a súa diversidade, creatividade e calidade.A autora do cartel do Día do Cómic 2026 foi Candela Sierra, Premio Nacional de Cómic 2025.O Grupo de Traballo "Comictecas" do Consello de Cooperación Bibliotecaria, do que forman parte as bibliotecas escolares de Galicia, presentou o ano ... ler máis