Actualidade
Achégase o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, en acepción da UNESCO, e desde a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional edítase o cartel para conmemorar este día 23 de abril de 2026.Acudiuse, como en anos anteriores a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso á Doutora en Xornalismo, escritora e xestora cultural Eva Mejuto, recoñecida polo lectorado infantil e xuvenil galego
... ler máis
O Día do Cómic e do Tebeo é unha celebración que pretende recoñecer o valor do cómic e do tebeo, o peso da súa historia e a súa importancia no contexto actual, a súa diversidade, creatividade e calidade.A autora do cartel do Día do Cómic 2026 foi Candela Sierra, Premio Nacional de Cómic 2025.O Grupo de Traballo "Comictecas" do Consello de Cooperación Bibliotecaria, do que forman parte as bibliotecas escolares de Galicia, presentou o ano
... ler máis
O Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, acolle o 12 de marzo de 2026 a Xornada de impulso da competencia lectora, unha iniciativa dirixida ao profesorado participante no Programa de impulso da competencia lectora impulsado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP.A Xornada reúne profesorado de 67 centros educativos de Educación Infantil e Primaria das catro provincias galegas, moi
... ler máis
O vindeiro 5 de marzo celébrase, no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, o Encontro do Plan de mellora de bibliotecas escolares correspondentes ao curso 2025/2026, con intervención de persoas expertas en diversos ámbitos relacionados coa lectura, a literatura e o desño e a literatura galega. Ademais, presentarase o novo portal de Bibliotecas escolares de Galicia.Completan a xornada un total de 16 experiencias de centros de mo
... ler máis
Os centros educativos teñen a disposición unha selección de recursos de apoio á elaboración do Plan:Mochila de recursos Material dispoñible nos CFR para o seu préstamo, facilitando apoio directo aos centros no desenvolvemento das súas accións.Fondos especializados Selección de libros de non ficción orientados á mellora da lectura, da escritura e do acceso á información.PFPP en competencia lectora Programas de Formación Permanente do Pro
... ler máis