Actualidade
Á maneira dos vellos viaxeiros, mozos e mozas galegos poden dispor dun caderno no que iren debuxando as paisaxes imaxinadas, os rostros amados, os soños construídos nos camiños da lectura. Sexan de viaxe ou de calquera outra temática, os libros lidos e os que aínda están por ler teñen reservado un lugar no caderno de viaxe.
... ler máis
Porque me peta e quero e dame a gana... que dicía o poeta... leo e levo a chapa de Hora de Ler: deseño de Óscar Villán.
... ler máis
Loly Lago e o seu equipo da biblioteca escolar do IES de Fene remítennos unha Guía de Lectura con novidades de Banda Deseñada:Guía Banda Deseñada 2007
... ler máis
Proponse facilitar os medios para que os rapaces e rapazas teñan onde apreixar lembranzas da selección de libros de viaxe que aparece na guía e no caderno. Así, poderán anotar unha cita, imaxinar o rostro dun personaxe e facer o debuxo, rexistrar o itinerario descrito na lectura, anotar o nome de lugar que lles chame especialmente a atención... Deseñouse este diario de lecturas para o alumnado cunha concepción aberta, para que sexa o tr
... ler máis
Toda lectura é, á fin, unha viaxe. Saír de viaxe e ler un libro obedecen á mesma pulsión: o desexo ou a necesidade de abrir unha paréntese na vida cotiá, romper coa rutina, coñecer outros lugares, vivir novas experiencias, ser outros. Regresar, como pechar o libro, supón a volta á vida de cada quen, pero cunha maior bagaxe: coñecementos, palabras, imaxes, sons, inquedanzas, emocións... son os "souvenirs" lixeiros que se foron engadindo
... ler máis