Actualidade

O papel da persoa mediadora será guiar a sesión, de maneira que sirva para afianzar actitudes de xogo cooperativo. Seguindo a marcha do xogo nos diversos grupos, pode ir introducindo suxestións que leven os nenos e as nenas a reparar nos tramos entre oca e oca nos que se agachan varios contos, incitando á súa lectura. Isto pode facerse seguindo a orde dos contos, tal e como van aparecendo no taboleiro, ou doutras formas (contos asociado ... ler máis
Imaxe xogo da oca 2
Mentres os nenas e nenos xogan á oca, están a interiorizar unha serie de aprendizaxes necesarias para a vida: avanzar e retroceder cando se pode ou cando é necesario, atopar atrancos no camiño, superar dificultades, asumir os golpes da sorte, saber agardar, volver empezar, descubrir que o importante non é gañar, senón seguir o propio camiño e avanzar na busca do coñecemento. O xogo, cargado de simbolismos, oculta segundo moitas interpre ... ler máis
Imaxe croma bruxa
Adiviña que adiviña eu son quen de adiviñar os sete fermosos contos que se andan a agachar.Complementando ao xogo Sete contos e unha oca, cada lector ou lectora de 1º e 2º ciclo de primaria recibiu un álbum de cromos. A medida que vaian recoñecento os contos que se agachan no xogo poderán ir enchendo os ocos do álbum cos textos ou as imaxes correspondentes... Para conseguir os cromos haberá que ler moito... e ter moito conto. ... ler máis
Imaxe cartel Hora de ler
De letra en letra... ¡Eu leo porque me peta! é o lema que vincula entre si os materiais dirixidos ás nenas e nenos de 1º e 2º ciclo de primaria. Así de asertiva chega a oca viaxeira que nos leva por camiños de conto.Os centros educativos recibiron carteis, varios exemplares do xogo Sete contos e unha oca, álbumes de cromos para os pequenos lectores e guías para o profesorado. Na introdución da Guía do profesorado detállanse así as inten ... ler máis
Imaxe xogo Hora de ler
As nenas e nenos de primaria e 1º ciclo de secundaria de todos os centros educativos galegos coñecen xa o xogo da oca e os cadernos de viaxe da campaña de fomento da lectura Hora de ler. Estes materiais foron especialmente deseñados para esta ocasión co principal obxectivo de estimular o gusto polos contos e os libros, pola lectura en xeral e pola literatura en particular. ... ler máis