Meiga
Que é Meiga?
A aplicación de xestión de bibliotecas MEIGA, creada en 1997 polo Centro Superior Bibliográfico de Galicia, tivo como finalidade principal a integración das bibliotecas nunha rede común e a súa incorporación á sociedade da información. Incorpora un servizo de comunicacións que facilita o acceso a redes virtuais de bibliotecas, a consulta de catálogos, o intercambio de mensaxes e a incorporación de rexistros en tempo real.
Como programa de xestión integral de bibliotecas permite administrar usuarios, catalogar fondos, xestionar a circulación (empréstitos e devolucións) e obter listados, notificacións e estatísticas. Emprega o formato estándar MARC para a catalogación, o que facilita a importación de rexistros doutras bibliotecas.
Actualmente moitas das bibliotecas escolares de Galicia seguen a ter Meiga como programa de xestión, inda que a tendencia é o cambio para o novo aplicativo Koha-Bescolares.
Consultas técnicas
As bibliotecas escolares informatizadas co programa MEIGA poden acceder ao apoio técnico en relación con esta aplicación informática, a través do CAU-Periférico (Centro de Atención a Usuarios Periférico ou de nivel específico), da Xunta de Galicia. Os datos de contacto son os seguintes:
Teléfono: 881 995 300
Correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal
Horario de atención: de luns a venres de 7:30h a 21:00h e os sábados de 8:00h a 15:00h.