Koha-Bescolares
Que é Koha?
Koha–Bescolares é a adaptación do sistema integrado de xestión bibliotecaria Koha para as bibliotecas escolares galegas. Trátase dunha ferramenta de código aberto que posibilita a xestión integral da colección, o acceso ao catálogo en liña (OPAC) e a interconexión entre bibliotecas da rede. O seu emprego favorece a visibilidade dos fondos, a cooperación entre centros e o desenvolvemento da competencia informacional e dixital da comunidade educativa.
Consultas técnicas
As bibliotecas escolares que usan Koha-Bescolares como programa de xestión poden resolver as consultas técnicas (problemas de acceso, por exemplo) a través do CAU-Periférico (Centro de Atención a Usuarios Periférico ou de nivel específico), da Xunta de Galicia. Os datos de contacto son os seguintes:
Teléfono: 881 995 300
Correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal
Horario de atención: de luns a venres de 7:30h a 21:00h e os sábados de 8:00h a 15:00h.
Aspectos relevantes sobre Koha
- Información sobre o programa
Recursos Koha
- Catalogación
- Circulación
- Ferramentas
- Guía rápida. Impresión de etiquetas de sinaturas e/ou códigos de barras entre dúas datas
- Manual, Ferramentas: etiquetas, sinaturas, códigos de barras
- Manual. Ferramentas: publicación de noticias
- Informes
- Listas e boletíns
- Mochilas