Biblioteca creativa 2025-2026
Manuel Rodríguez é arqueólogo e investigador. Ao longo da súa traxectoria estivo vinculado durante varios anos ao departamento de Conservación do Museo do Pobo Galego, participando na catalogación de pezas, na realización de visitas didácticas e na montaxe de exposicións. Dende o ano 2001 exerce como arqueólogo da Xunta de Galicia.
É creador do proxecto TECEDEIRAS: arte e talento na sombra, centrado na visibilización das tecedeiras galegas como grandes creadoras artísticas.
Bea Lema é ilustradora e autora de cómic. Emprega o bordado e o tecido como soporte para trasladar as súas imaxes. O seu traballo, xeralmente de corte autobiográfico, trata temas relacionados coa loucura, o trauma, as relacións familiares, a relixión e os ritos populares.
O seu último libro, O corpo de Cristo, foi merecente de varios premios entre eles o Premio Nacional de cómic de 2024. En 2025 Bea Lema estreou a adaptación deste cómic a curtametraxe.
Cristina González desenvolve o seu labor profesional como educadora artística e docente en diversos contextos culturais e educativos. É creadora do proxecto Arte e Garabato: educación artística e creativa, un proxecto itinerante que investiga, deseña e desenvolve propostas de aprendizaxe a través das artes plásticas e visuais desde un enfoque lúdico, creativo e diverxente.
Cristina Ultreia Silva creou xunto con Jean-Baptiste Lison o proxecto Alouette Machine, unha imprenta tipográfica ambulante. É dun espazo de creación para xerar material gráfico de xeito colectivo, usando caixóns de letras, tintas, papeis, etc, co obxectivo de relacionar a forma das palabras co seu significado. Ademais da técnica da fotografía empregan cianotipia, gravado e serigrafía.
Almudena e Elena son especialistas en Tecnoloxía Educativa. Almudena fundou o proxecto aberto Competencia Dixital. Dende a Escola, coa Escola. Novas linguaxes e metodoloxías activas, que aborda o achegamento ás novas linguaxes a través de metodoloxías activas. Elena é relatora habitual en obradoiros con Escornabots e un dos seus centros de interese é o emprego de recursos libres.
Presentación
Lucas Ramada é investigador e doutor internacional en Didáctica da Lingua e a Literatura pola Universidade Autónoma de Barcelona, especializado en estética da ficción dixital infantil e xuvenil e a súa relación coa educación artística e literaria dos nenos, nenas, mozas e mozos.
Jorge Campos é ilustrador e arquitecto, e defínese como ilustratecto. Como ilustrador, o seu traballo céntrase no ámbito do cómic e da ilustración infantil e xuvenil. Realizou portadas e maquetacións de libros, ilustracións para web, así como deseño de logotipos, carteis, camisetas, calendarios, mapas e xogos.
Presentación
Lucía Romaní é docente e artista plástica. Como resultado do seu interese polo libro como instrumento de análise, reflexión e creación, dirixe dende 2015 cursos sobre libros de artista enfocados a distintos públicos en bibliotecas, espazos de arte e centros educativos.
Carlos Gallego Dominguez é ilustrador e deseñador gráfico. Especiolizouse no ámbito infantil e xuvenil ilustrando libros de texto para diferentes cursos así como libros de narrativa. A súa obra tamén pode verse noutros proxectos de publicidade e comunicación.
Pablo Otero é un artista visual e ilustrador. Colabora en proxectos editoriais e culturais diversos. Nas súas publicacións abordou diferentes formatos: libro de artista, libro obxecto, revista infantil e xuvenil, guías didácticas, obra gráfica, poesía visual, catálogos de arte e álbum ilustrado.
Mark Ritchie é fotógrafo. Traballou nun amplo abano de xéneros que inclúen o arquitectónico, o anuncio, o estudo, o retrato e a fotografía documental e ten un extenso arquivo de fotografía de stock en negro e branco e cor.
Experiencia que relata o descubrimento da Ficción Dixital así como a posta en práctica e implementación de diversas dinámicas relativas ao coñecemento e experimentación do alumnado con diferentes obras de Ficción Dixital para traballar aspectos relativos ao aporte cultural, estético e lúdico que proporcionan cando entramos en contacto con elas.
Un percorrido polo espazo creativo da biblioteca. Fálase da identidade da biblioteca dentro da comunidade educativa, dos distintos espazos que a conforman, da historia do espazo creativo e a súa función como punto de encontro entre alumnado, profesorado e familias, baixo o concepto de Tecendo redes. Por último, compártense algunhas das iniciativas e actividades desenvolvidas para dinamizar este espazo.
Bibliocervo amosa como a biblioteca pode transformarse nun motor creativo desde o que se impulsan actividades, se elaboran recursos e se favorece a colaboración cos distintos equipos do centro. Analízase o punto de partida, o papel do PDI, as actividades de dinamización e a descición do espazo físico.
LIÁMOLA: Ler, Informarse e Aprender creando. Lectura, información e aprendizaxe únense nas propostas que se desenvolven no espazo creativo.