8 de marzo, e seguimos a traballar pola igualdade
As bibliotecas escolares, na súa actividade cotiá, brindan moitas oportunidades para practicar e aprender a vivir e medrar en igualdade. Pero iso só é posible cando o equipo de biblioteca é consciente do seu papel "regulador" das circunstancias para que estas sexan favorables. O profesorado ha estar atento e intervir cando "eles" pretendan copar os equipos informáticos (por exemplo) ou cando "elas" se retraian e non tomen a iniciativa cedendo o espazo que lles corresponde.