Aniversario do nacemento de Rosalía

O vindeiro 24 de febreiro estamos novamente de celebración. Nesta ocasión polo 177 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro (1837-1885).

Xa son moitas as bibliotecas escolares dos centros onde se está a traballar realizando os preparativos das correspondentes actuacións para que en Galicia se recorde a unha das máis grandes escritoras e poetas en lingua galega, producindo numeroso material que vos trasladamos desde a asesoría:

Día das Letras 2018 nas bibliotecas escolares galegas

María Victoria Moreno é unha das figuras da literatura galega homenaxeada no Día das Letras que máis posibilidades de tratamento, de xogo, de achegamento á literatura e de vínculo coa lingua proporciona no contexto de lectores máis novos.

Foi así que este ano, unha vez máis, as bibliotecas escolares galegas aproveitaron estas datas para organizar actividades relacionadas con esta autora e destinadas a valorar a lingua.

Algúns exemplos podémolos atopar nas seguintes ligazóns:

Roberto Vidal Bolaño: o teatro protagoniza as Letras Galegas 2013

A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2013 a Roberto Vidal Bolaño, autor, director, actor e escenógrafo, entre outras mil actividades que levou a cabo; home de referencia para o teatro, o audiovisual e a cultura galega en xeral. El mesmo defíníase como "un señor maior con sombreiro e bigote, que de xeito absolutamente irresponsable, persiste na estúpida teima de vivir por e para unha das profesións, hoxe en día, máis absurdas do mundo e sen embargo por iso máis grandiosas".

Subscribirse a