Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas
ENTUSIASMO E PROXIMIDADE SON A CLAVE DA DIVULGACIÓN CIENTÍFICA. Ángel Carracedo.
Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, do científico Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela. Conocido investigador e divulgador científico, Ángel Carracedo ten colaborado coas bibliotecas, tanto públicas como escolares, na difusión dos valores científicos e do acceso ao coñecemento.
Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogues de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc.
- MANIFESTO DE ÁNGEL CARRACEDO
- FOLLETO INFORMATIVO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS
- MATERIAIS. MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS
Algunhas das actividades nas bibliotecas escolares arredor das ciencias:
- CEIP de Cervo (Cervo): Sobre Newton: 1, 2, 3 -- Vídeo
- CEIP de Cespón (Boiro): Experimentos científicos (agochados na mascota) -- Os experimentos, por escrito
- CEIP Filomena Dato (Barbadás): Pequenas experiencias para pequenos científicos
- CEIP Frián-Teis (Vigo): A ciencia, a lingua que nos une (unha colaboración do alumnado de 3º-4º de ESO do IES Repúblico Oriental do Uruguai)
- CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño): Ciencia na biblioteca
- CEIP Mestres Goldar (Vigo): Biblioteca científica
- CEIP Montemogos (Bueu): Semana da Ciencia -- Lecturas recomendadas Mes da Ciencia
- CEIP A Pedra (Bueu): Ciencia en galego no Bibliocastelo -- Experimentos
- CEIP Plurilingüe A Pontenova (A Pontenova): A biblionova coa ciencia
- CEIP Quintela (Moaña): Ciencia en galego na biblioteca -- Os venres en Quintela... ciencia
- CEIP Saco e Arce (Toén): Ciencias e Mates
- CPI Cernadas de Castro (Lousame): Día da ciencia en galego -- Novembro, mes da ciencia en galego!
- CPI San Sadurniño (San Sadurniño): Novembro, mes da ciencia en galego
- EEI Barrionovo (Arteixo): Facendo ciencia na Biblioteca -- Ciencia na rúa -- Ilusións acuáticas de Escher -- Biografías da Ciencia na rúa
- IES Felix Muriel (Rianxo): Selección de lecturas en galego con temática de ciencia (Plan de lectura)
- IES Fontem Albei (A Fonsagrada): Mércores con Ciencia 1 -- O cerebro adicto
- IES Marqués de Sargadelos (Cervo): Mes da ciencia en galego (colab. entre Biblioteca e ENDL) -- Entrega de premios "ciencia en galego"
- IES Pazo da Mercé (As Neves): Mes da ciencia en galego na biblioteca
- IES Pedras Rubias (Salceda de Caselas): Recital de poesía e ciencia
Ciencias na cociña, desde a EEI de Vide (As Neves), onde asistimos á elaboración de "castañas en almibre", nas voces dos pequenos e pequenas. Imprescindible!