Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas bibliotecas escolares - 2016
Image
A ciencia debera estar en galego en calquera día do ano, pero como chamada de atención, ben sirva esta proposta de celebrar un mes dedicado á ciencia en galego nas bibliotecas; tamén nas bibliotecas escolares.
Pola súa parte, desde a Asesoría de bibliotecas escolares mantéñense estes dous espazos con recursos para a ciencia en galego:
- Novembro: Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas. Recompilación de materiais de ciencia en galego
- Ciencia en Galego nas Bibliotecas: LIBROS INFORMATIVOS
Velaquí algunhas das actividades que se levan a cabo nos centros galegos integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, por mor desta proposta normalizadora:
- EEI Barrionovo (Arteixo): Guía de lectura: Queremos Ciencia en Galego
- CEIP de Cervo (Cervo): Experimentos científicos e proxectos "maker"
- CEIP de Guillarei (Tui): Experimentando coas cores, Compromiso coa terra(con Chus Lago e Vero Boquete)
- CEIP Santa Baia (Boiro, A Coruña): Mes da Ciencia na Baiabiblio
- CEIP Canosa-Rus (Coristanco): Mes da ciencia en galego na biblioteca: robótica no recuncho "Faino ti mesmo", Recomendación de lectura no mes da ciencia
- CPI As Revoltas (Cabana de Bergantiños): Exposición de carteis de Ciencia, Guía de lectura de ciencia en galego
- CPI de San Sadurniño (San Sadurniño, A Coruña): Guía sobre ciencia A beleza do Universo
- IES Ánxel Fole (Lugo): Celebrando o mes da ciencia en galego
- IES Carril (Vilagarcía de Arousa): O espazo verde do IES Carril
- IES Marqués de Sargadelos (Cervo): Novembro, mes da ciencia en galego nas bibliotecas