Letras Galegas en maio... e todo o ano

Por todo o país florecen neste maio actividades culturais diversas, co fin de dar a coñecer a figura á que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas, pero tamén a poñer en valor a lingua e as súas posibilidades de comunicación e de expresión artística. As bibliotecas escolares non son alleas á marea poética que atravesa este ano "loisiano" e son moitos os exemplos de actividades que se impulsaron desde estes espazos educativos; tamén moitas as propostas de aula ou de centro que apoiaron cos seus recursos. Velaquí unha pequena mostra:

Letras Galegas todo o ano nas bibliotecas escolares, en maio tamén

Achégase o día grande das Letras Galegas e as bibliotecas escolares, neste ano 2017, incorporan a Carlos Casares ao seu equipo de biblioteca, pois hai na súa obra textos fantásticos para poñer nas mans de nenos e nenas, textos para cuestionar o mundo cos adolescentes, textos para a reflexión e mirada diverxente, textos para facer lectores en galego.

Día Mundial do Libro 2013

"Este día brinda a oportunidade de reflexionar xuntos sobre o mellor xeito de difundir a cultura escrita e de permitir que todas as persoas, homes, mulleres e nenos, accedan a ela, mediante a aprendizaxe da lectura e o apoio ao oficio da edición, as librarías, as bibliotecas e as escolas. Os libros son os nosos aliados para difundir a educación, a ciencia, a cultura e a información en todo o mundo".

Día Mundial do Libro 2018

Achégase o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor e desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edítase o díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2018.

Acudiuse, como en anos anteriores a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso ao escritor, poeta e editor Fran Alonso, quen xenerosamente cedeu un texto para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose nas posibilidades e nos efectos da lectura.

Subscribirse a