Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas - 2019
Unha sociedade ben informada é máis difícil que sexa manipulada. Alicia Estévez Toranzo.
Desde a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Políticas Culturais (Subdirección Xeral de Bibliotecas), da Consellería de Cultura, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, da científica Alicia Estévez Taranzo, microbióloga, académica da RAGC e da RAFG e premio María Josefa Wonenburger Planells (2018). A científica resalta a importancia das bibliotecas “para que moitos dos coñecementos rigorosamente contrastados sexan accesibles ao público”.
Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogues de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc.
- MANIFESTO DE ALICIA ESTÉVEZ TORANZO
- FOLLETO INFORMATIVO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS
- MATERIAIS. MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS
- PINTEREST CIENCIA EN GALEGO
Actividades das bibliotecas escolares galegas no mes de novembro:
- CEIP A Cristina (Carballo-A Coruña): Mes da ciencia
- CEIP de A Pobra de Brollón (A Pobra do Brollón-Lugo): Novembro, mes da ciencia en galego nas bibliotecas
- CEIP P. Albino Núñez (Ourense): Mes da ciencia en galego
- CEIP P. do Camiño Inglés (Oroso-A Coruña): Experimentos en galego na biblio
- CEIP Canosa-Rus (Coristanco-A Coruña): Un mar de ciencia
- CEIP de Celeiro (Viveiro-Lugo): Semana da Ciencia en Galego