Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas - 2018
Un ano máis, as consellerías de Cultura e Educación, a través das unidades responsables das bibliotecas públicas e escolares, xunto coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convidan á celebración do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Ademáis da publicación dun manifesto que cada ano se encarga a un científico ou científica da nosa comunidade, desde a consellería de Cultura edítase un documento que recolle as actuacións no ámbito das bibliotecas escolares, do departamento de Política Lingüística, e a programación das Biblioteca de Galicia e das seis bibliotecas nodais (públicas, de xestión autonómica) prevista para este mes.
O Manifesto deste ano 2018 está asinado por Luís Navarro, Profesor titular de Bioloxía da Universidade de Vigo, integrante do grupo Divulgare, da mesma universidade, e ten frases lapidarias coma esta que moito lle agradecemos: "Para ser libre mediante a cultura, igual ca para facer boa ciencia, hai que ler".
Recomendamos a lectura pausada deste manifesto de Luís Navarro e lembramos algúns dos recursos dispoñibles para estimular o achegamento á ciencia en galego, en novembro e durante todo o ano, na biblioteca escolar.
- WEB: NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS (recompilación de recursos, webs temáticas, materiais diversos arredor da ciencia en galego)
- CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS- LIBROS INFORMATIVOS (Pinterest cunha recompilación de libros informativos editados en galego susceptibles de formar parte da colección dunha biblioteca escolar)
- MALETAS VIAXEIRAS DE CIENCIAS ("Ciencias-Primaria, Ciencias-Secundaria, Física e Quimica, Bioloxía e Xeoloxía, Matemáticas-Primaria, Matemáticas-Secundaria, do Programa de "maletas viaxeiras" da Asesoría de bibliotecas escolares)
- MANIFESTO de Luís Navarro
- DOCUMENTO "Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas- 2018
Recollemos aquí as actividades levadas a cabo durante este mes nas bibliotecas escolares galegas, relacionadas coa ciencia en galego:
- CEIP As Solanas (A GUarda-Pontevedra): Mapas e robots
- CEIP do Camiño Inglés (Oroso-A Coruña): Experimentos na biblioteca
- CEIP Canosa-Rus (Coristanco-A Coruña): Conciénciate
- CEIP de Carballedo (Cotobade-Pontevedra): Visita aos museos científicos coruñeses, Táboa periódica dos museos científicos
- CEP de Leirado (Salvaterra de Miño-Pontevedra): Estatística dos xogos, Xogamos coa ciencia
- CEIP da Pobra de Brollón (A Pobra de Brollón-Lugo): Inventos e ciuxía: O noso corazón, ciencia e micoloxía
- CEIP Profesor Albino Núñez ( O Pino-Ourense): Experimentos mes da ciencia
- CEIP Saco e Arce (Toén-Ourense): A maxia da ciencia
- CEIP da Torre Cela (Bueu-Pontevedra): A horta de Simón
- CEIP Vicente Otero Valcárcel (Carral-A Coruña): Mes da ciencia en galego, Ciencia, pan e poesía
- CPI San Sadurniño (San Sadurniño-A Coruña): Suxestións de lectura
- EEI de Barrionovo (Arteixo-A Coruña): Encontro con Antonia Ferrín
- Escola Superior de Conservación e Restauración de BB.CC. de Galicia (Pontevedra): Covite aos centros para celebrar a #semanadaciencia
- IES Agra do Orzán (A Coruña): Charlas do alumnado de STEMbach
- IES Concepción Arenal (Ferrol-A Coruña): Cartel cunha selección de libros de animais
- IES Punta Candieira (Cedeira-A Coruña): Homenaxe á tecnoloxía, Vídeoconferencia con Ángel Mato