Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas - 2024

Image
Anagrama ciencia

"Toda sociedade precisa coñecer e interpretar o mundo para desenvolverse nel de forma satisfactoria.

A Ciencia é un xeito especial de coñecemento do mundo que se desenvolveu en Occidente desde o Renacemento e eclosiona coa Modernidade nos séculos XIX e XX. 

É responsable do noso progreso tecnolóxico e industrial, pero tamén foi da man do complexo tecno-militar desde o século XVI, da consolidación do capitalismo e da expansión colonial europea. 

Toda esta historia está reflectida nas bibliotecas e fan que debamos volver a elas continuamente. Pero non só. Tamén está reflectida na tradición oral, nos hábitos e na cultura material". 
Felipe Criado-Boado

Desde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, en colaboración coa Conselleria de Educación, Ciencia, Formación Profesional e Universidades, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, de Felipe Criado-Boado, arqueólogo e director do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC. Foi Premio nacional de investigación 2023.

O manifesto para este ano 2024 abrirá moitas rutas de traballo e investigación coas que poder sementar e degustar a ciencia nas nosas bibliotecas escolares. Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais , relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogs de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc.

Actividades nas bibliotecas escolares de Galicia: