XVIII Xornada de Clubs de Lectura 2026

Conversa con Manuel Rivas
Premio dos Clubs de Lectura 2026
Image
Imaxe de Manuel Rivas

Escritor e xornalista, é autor dunha obra que se estende ao longo de máis de corenta títulos traducidos a máis vinte linguas que acadaron o recoñecemento do público e da crítica, e que foron levadas ao cine en varias ocasións. Dono dunha voz moi recoñecible, entre o lirismo e a ironía, as súas creacións retratan a sociedade galega dende o compromiso cívico con cuestións como memoria histórica, a xustiza social e o ecoloxismo. É doutor honoris causa pola Universidade da Coruña e codirector da revista Luzes. 

 

Conversa arredor doutros clubs de lectura

Nesta conversa coñecemos como funcionan clubs de lectura que se desenvolven en contextos diferentes (nunha libraría e nunha biblioteca), en iniciativas que exploran o poder da lectura para tecer redes entre persoas diversas.

Presentación

O proceso de creación artística como eixe da mediación lectora
Alba Blanco Boga
Image
Imaxe de Alba

Alba Blanco é artista visual, ilustradora e performer. En 2021 troca o mundo da creación polo da mediación lectora ao tomar o relevo na xerencia da Libraría Seijas despois de 40 anos da súa apertura. Libraría Seijas é unha libraría independente especializada en ilustración e literatura infantil e xuvenil en Pontevedra.

QUEERuña hoxe: 10 anos de cultura e orgullo
Eva Vieites Salmonte
Image
Imaxe de Eva

Eva Vieites coordinadora do proxecto Suma Ágora desde 2011 (unha iniciativa da Biblioteca Ágora cos barrios da súa contorna) na que se insiren proxectos con máis dunha década de desenvolvemento sostido: Libros Viventes, Roteiros polo Barrio ou a sección Conversas coa veciñanza, para sabermos máis da vida no barrio, da vivencia da biblioteca e do ámbito cultural e social da nosa contorna. No 2024 sumouse á coordinación do club de lectura QUEERuña.

Conferencia
Lectura, participación e axencia xuvenil: aprendizaxes desde o Premio Mandarache
Alberto Soler
Image
Imaxe de Alberto

Alberto Soler é técnico de Mocidade no Concello de Cartagena e coordina desde 2004 os Premios Mandarache (Premio Nacional ao Fomento da Lectura outorgado polo Ministerio de Cultura). O Premio Mandarache é un proxecto de fomento da lectura e a creación literaria que, desde 2004, impulsa o servizo de Mocidade do Concello de Cartagena. 

Presentación

Conferencia
O club de lectura fácil, espazo de lectura inclusivo
Miriam Rodríguez Vázquez
Image
Imaxe de Miriam

Miriam Rodríguez é mestra en Pedagoxía Terapéutica e Educación Primaria, pedagoga e especialista en Accesibilidade Cognitiva. Foi coordinadora de biblioteca escolar en diferentes tipos de centros e coordinadora dun club de lectura accesible, facilitada e fácil, durante catro cursos consecutivos. Actualmente está nunha comisión como asesora en competencia lectora.

Presentación

Mesas de experiencias
Coñecernos lendo Experiencias de intercambio lector entre centros

Os centros desta mesa achégannos experiencias de intercambio lector: uns encontros entre clubs de lectura de secundaria distantes xeograficamente, un club de lectura da mesma localidade integrado por alumnado de centros de primaria e de secundaria e un club de lectura de profesorado de distintos centros.

Elba Cancio Villamarín. IES da Terra Chá, José Trapero Pardo (Castro de Rei- Lugo)
Inmaculada Sánchez Sánchez. CEIP de Galán (Arteixo - A Coruña)
Sabela Seoane Lorenzo. CEIP Plurilingüe Mestre Ramiro Sabell Mosquera (Ponteareas - Pontevedra)
Mesa de experiencias
Somos o que lemos. A importancia da selección de lecturas nos clubs

Esta mesa pon o foco de atención na importancia da selección de lecturas. Achegarase a experiencia dun club de lectura de poesía e doutro centrado en lecturas en galego de distintos xéneros literarios.

Patricia González Cid. CEIP A Ponte (Ourense - Ourense)
Esme Quiroga Rodríguez. IES Val do Tea (Ponteareas - Pontevedra)
Mesa de experiencias
Ler para compartir. Estratexias de dinamización de clubs de lectura

Nesta mesa fálase de como dinamizar os clubs de lectura con diferentes propostas. Un dos centros achéganos actividades creativas arredor das lecturas e o outro a técnica de círculos de lectura, con roles para cada persoa participante.
 

Mesa de experiencias
Yolanda González Guerra. CEIP Plurilingüe de Seixalbo (Ourense)
Ana Belén López Pérez. EOI de Lugo (Lugo)
Máis que ler A dimensión social dos clubs de lectura

Ás veces a lectura sae dos espazos dos centros educativos para entrar en diálogo e desenvolver actividades con asociacións e outras institucións da contorna. Os centros desta mesa achegan a súa experiencia en clubs con implicación activa na comunidade na que se insiren.

 

María Xosé Fernández Casas. IES Xesús Ferro Couselo (Ourense)
Hugo Verdeal Hermida. EPAPU Nelson Mandela (A Lama - Pontevedra)
Conferencia
M8 por ler. A rede do libro en galego
Xaime Acuña Torres, Carlos Blanco García e Ana Cristina Juncal Blanco
Image
Imaxe Xistral

Ana Cristina Juncal Blanco, Carlos Blanco García e Xaime Acuña Torres veñen do sector do libro. Con diferentes experiencias e traxectorias, comparten inquedanzas polo estado de saúde da nosa literatura e da nosa lingua. Baixo o paraugas da Fundación Xistral, que preside Ana Cristina, desenvolven o proxecto M8 por ler, co obxectivo de aumentar a visibilidade do libro en galego, pero tamén de crear comunidade arredor das letras que nos unen. 

Presentación

Conversa
Os clubs de lectura ao longo da vida

Nesta conversa entrablécese un diálogo entre persoas que actualmente participan en clubs de lectura de centros escolares das distintas provincias de Galicia e que teñen distintas idades e situacións persoais. Os intereses, as buscas, os sentimentos, o intercambio de experiencias en distintos momentos vitais sempre ao redor do feito lector.

Alumnas do CEIP Plurilingüe de Seixalbo (Ourense) e do IES Val do Tea (Ponteareas - Pontevedra)
Natalia Edrosa Crecente. Exalumna do IES da Terra Chá, José Trapero Pardo (Castro de Rei - Lugo)
Vanessa Fernández Fernández. Nai do CRA de Culleredo (Culleredo - A Coruña)