#BibliotecasSTOPViolencia

As bibliotecas escolares son espazos privilexiados para traballar valores democráticos, de igualdade e cidadanía, espazos únicos para a aprendizaxe da convivencia.

O 25 de novembro é unha data do calendario civil que as bibliotecas escolares integraron nas súas programacións porque cómpre unha chamada de atención fronte a actitudes larvadas de violencia contra as nenas e as mulleres (con presenza nas relacións sociais, na publicidade ou en moitos produtos audiovisuais), que fixan valores contrarios á igualdade.

#BibliotecasSTOPviolencia

Contra a violencia de xénero

Os equipos de profesoras e profesores que atenden as novas bibliotecas escolares procuran dar resposta a demandas que xorden desde as distintas áreas e materias: as relacións de materiais informativos e libros de ficción, películas, discos, recursos electrónicos, etc, sobre un tema determinado que se quere tratar co alumnado, son un bo exemplo e un dos cometidos que máis pode axudar ao profesorado do centro.

25 Novembro: accións para denunciar a violencia de xénero e educar en igualdade, desde as bibliotecas escolares

A realidade é teimuda e seguimos necesitando datas para denunciar a violencia sistémica contra as mulleres e as violencias cotías, físicas ou simbólicas, exercidas contra nenas, mozas e mulleres de toda idade e condición na casa, na rúa, no traballo, nos patios, na publicidade, nos medios de comunicación, nas relacións sociais, nos discursos mediáticos...

Subscribirse a