Outubro, mes da biblioteca escolar. 24 de outubro: Día da Biblioteca

Desde hai algúns anos, a IASL vén instando á celebración do "mes da biblioteca escolar" (anteriormente, Día da biblioteca escolar no cuarto luns de outubro) co fin de difundir as posibilidades deste tipo de bibliotecas e a súa potencialidade como factor de calidade do ensino nos centros. Desde os inicios, a Asesoría de bibliotecas escolares apoiou esta iniciativa internacional cunha chamada á realización de actividades que servisen para facer visible a biblioteca nos centros.

23 de abril, Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor

As Bibliotecas Escolares non poden pararse, e menos neste mes de abril, que vén cargado de encontros, soños e actividade arredor do libro e da lectura. O vindeiro 23 de abril, aínda que sexa período vacacional, non pasa desapercibido. Este Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, é un día para reivindicar eses "lugares para a lectura" que construímos entre os lectores e os libros (calquera que sexa a forma que estes libros acaben tomando).

8 de marzo a través de actividades ALFIN

Achégase un novo 8 de marzo necesario. Os centros educativos están xa a traballar na temática propia desta data: presencia da muller na sociedade, valores de igualdade, coeducación, xustiza social... Os equipos das bibliotecas escolares galegas, contextualizando, ofertan actividades de educación documental/ALFIN de gran interese. Obxectos de aprendizaxe que aúnan a formación de alumnas e alumnos en tanto que seres sociais, e a súa educación en habilidades de acceso, uso e produción de información.

Subscribirse a